lunes, 1 de junio de 2009

Refráns para todo o ano

Este ano os alumnos e alumnas de terceiro curso estivemos traballando os refráns referidos ao tempo atmosférico. Vimos que moitos deles están relacionados co santoral do calendario.
Cada un dos refráns acompañámolo dun debuxo para explicalo mellor.

martes, 27 de enero de 2009

Refráns


Os/as alumnos/as de terceiro curso están a recopilar refráns sobre o tempo e as festas para preparar un libro con eles.Están pasándoos ao ordenador e logo os ilustrarán con debuxos axeitados a referencia que fan.

martes, 13 de enero de 2009

Felicitacións para Agustín Fernández Paz

Os alumnos e alumnas de 3º curso prepararon unhas cartas de felicitación para enviarlle a Agustín Fernández Paz xa que foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2.008 coa obra titulada " O único que queda é o amor".
Moito dos nenos pedíanlle ao autor de moitos libros que están a ler que lles fixese unha visita no colexio para poder coñecelo persoalmente e poderlle facer preguntas sobre o seu traballo.

martes, 2 de diciembre de 2008

As festas no colexio

No outono celebramos as festas do Samaín e o Magosto . Fixemos moitas actividades e pasómolo moi ben.